Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2001 Páx. 5.791

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 6 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador de incendios 736/2000-I, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do expediente sancionador por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro, e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 14 de xaneiro e 2000 da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2000, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Non obstante, de acordo cos artigos 107, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da presente publicación

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectiva na conta nº 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó que a presente resolución adquira firmeza -a firmeza producirase ó non interpoñer recurso no prazo indicado-. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Ourense, 6 de abril de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: 736/2000-I.

Denunciada: Josefa Caiña Pérez.

DNI: 34.595.013.

Derradeiro enderezo coñecido: estrada de Astureses, 52-O Carballiño-Ourense.

Feito denunciado: queima de papeis e cartóns sen autorización.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137 b) do Regulamento do 23 de decembro de 1972 en relación coa Resolución do 14 de xaneiro de 2000 da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

Sanción: 10.000 pesetas.