Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2001 Páx. 5.782

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/347-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.A.T. 66 kV Boiro-Palmeira, tramo sub. apoios 222-225.

Situación: Boiro.

Descricións técnicas: modificación da liña eléctrica de alta tensión, a 66 kV Padrón-Ribeira, ó seu paso por Boiro, consistente en: substitución de tres vans, entre os apoios nº 222 e 225 por tramo subterráneo, baixo tubo formigonado, discorrendo por vías do polígono industrial de Boiro, con conductores unipolares R.H.Z.1 de 3(1x630) mm Al, de 427 m de lonxitude e cable de fibra óptica Pirelli-Opsicán ASDL de 16 fibras para comunicacións e apoios metálicos en celosía nº 222 bis e 225 bis para paso aerosubterráneo, xunto con aparellos de protección en ámbolos apoios. Boiro.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

A Coruña, 20 de marzo de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña