Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2001 Páx. 5.780

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 16 de marzo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 168/2001).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: entronque subestación de Boaña L.A.T. 66 kV Negreira-Carballo.

Situación: Santa Comba.

Descricións técnicas: modificación da liña eléctrica aérea de alta tensión a 66 kV Carballo-Negreira, nas inmediacións do apoio nº 219, implantando: novo apoio nº 219 metálico, en celosía, con crucetas, dobre circuíto para entrada e saída a pórtico da subestación de Boaña que se vai instalar, con conductor LA-280, de 43 m de lonxitude e modificando lonxitudes dos vans anterior e posterior ó citado novo apoio, non concello de Santa Comba.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 16 de marzo de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña