Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2001 Páx. 5.775

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se aproba a resolución definitiva da primeira fase do concurso de traslados para a cobertura de postos de traballo de persoal sanitario funcionario incluído baixo o ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, pertencentes ás clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios.

Por Resolución do 14 de marzo de 2001 (DOG nº 61, do 27 de marzo), apróbase a resolución provisional do concurso de traslados para a cobertura de postos de traballo de persoal sanitario funcionario incluído baixo o ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, pertencentes ás clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios, convocado por Resolución do 29 de xaneiro de 2001 (DOG nº 26, do 6 de febreiro). Transcorrido o prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da dita resolución provisional, e vista a proposta da Comisión de Valoración sobre as reclamacións achegadas contra esta, este centro directivo

ACORDA:

Primeiro.-Declarar resolto definitivamente o concurso de traslados para a cobertura de postos de traballo de persoal sanitario funcionario incluído baixo o ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, pertencentes ás clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores

sanitarios convocado por Resolución do 29 de xaneiro de 2001 (DOG nº 26, do 6 de febreiro), adxudicándolles ós participantes a puntuación definitiva acadada e, se é o caso, o destino definitivo, que aparecen reflectidos no anexo I desta resolución, téndose en conta a virtualidade da posible adxudicación por resultas.

De conformidade coa base sétima da convocatoria, as reclamacións achegadas entenderanse estimadas, se é o caso, ou desestimadas nesta resolución definitiva do concurso.

Segundo.-O cesamento no seu actual destino do persoal afectado producirase no prazo de tres días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación da resolución á que se fai referencia no punto catro da base décima da citada convocatoria.

O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres días hábiles se o posto de traballo se atopa na mesma localidade, ou dun mes se radica en localidade distinta. Estes prazos comezarán a contarse a partir do día seguinte hábil ó do cesamento.

Terceiro.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente, no prazo de dous meses contados a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Potestativamente, no prazo dun mes, poderá interpoñerse recurso de reposición ante este centro directivo.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

ANEXO I

Listaxe definitiva de puntuacións e adxudicación de destinos

DNIApelidos e nomePuntosCódigo do postoLocalidade

Inspector médico

6.541.735Arroyo García, Mª Teresa18.20SGS991000715001018A Coruña

45.273.091Bellver Moreira, Isabel12.40SGS991000715001022A Coruña

35.546.784Brañas Tato, Pedro13.50

33.144.393Couceiro Taboada, José Manuel19.40SGS991010115770001Santiago de Compostela

34.911.297Mosquera Álvarez, Rocío11

33.182.031Sastre Vázquez, José Luis20SGS991010115770004Santiago de Compostela

35.278.297Seco Otero, José Andrés15.80SGS991000736560021Vigo

34.927.731Troncoso Casares, José Fermín12.80SGS991000732001011Ourense

Subinspector sanitario

32.622.307Prieto Gondell, Dolores12.35SGS991000727001020Lugo