Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2001 Páx. 5.712

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 87/2001, do 19 de abril, polo que se dispón o cesamento e o nomeamento de membros do Consello Escolar de Ga-

licia.

De conformidade co disposto nos artigos 4º e 5º da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, e no artigo 7º do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei, e atendendo ás designacións formalizadas pola Federación de Traballadores do Ensino (FETE-UGT), pola Confederación de Empresarios de Galicia, polo Consello da Xuventude de Galicia, e polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, e por proposta deste, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do dezanove de abril do dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Que cesen como membros do Consello Escolar de Galicia as seguintes persoas:

1. En representación dos profesores do ensino público dos niveis educativos correspondentes ó ámbito do ensino non universitario de Galicia:

-Jesús Ramón Copa Novo (Federación de Traballadores do Ensino (FETE-UGT).

2. En representación do persoal de administración e servicios, propostos polas centrais sindicais máis representativas:

-Juan Domínguez Senande (Unión Xeral de Traballadores de Galicia).

3. En representación das organizacións empresariais, propostos pola Confederación de Empresarios de Galicia:

-Carmen Borrego Fernández.

4. En representación da Administración educativa designados polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria:

-José Luis Mira Lema.

-Manuel Regueiro Tenreiro.

5. En representación de personalidades de recoñecido prestixio no campo da educación, proposto polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria:

-Gregorio de Frutos Sanz.

6. En representación do Consello da Xuventude de Galicia:

-Francisco Xabier Vilariño Taboada.

Artigo 2º

Noméanse membros do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas no articulado da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, as seguintes persoas:

1. En representación dos profesores do ensino público dos niveis educativos correspondentes ó ámbito do ensino non universitario de Galicia:

-Jesús Otero Calvo (Federación de Traballadores do Ensino (FETE-UGT).

2. En representación do persoal de administración e servicios, propostos polas centrais sindicais máis representativas:

-Mª Concepción Camiña Garrido (Unión Xeral de Traballadores de Galicia).

3. En representación das organizacións empresariais, propostos pola Confederación de Empresarios de Galicia:

-José Luis Liñares Louzao.

4. En representación da Administración educativa designados polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria:

-Mª Pilar del Mar Pérez Marsó.

-Jesús Pablo González Moreiras.

5. En representación de personalidades de recoñecido prestixio no campo da educación, proposto polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria:

-Fernanda Paulina Valcarce Pestaña.

6. En representación do Consello da Xuventude de Galicia:

-José Manuel Lage Tuñas.

Artigo 3º

O mandato das persoas nomeadas será ata que se proceda á legal renovación por metades que establece o artigo 9º da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia.

Disposición derradeira

Única.-Este presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezanove de abril de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria