Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 27 de abril de 2001 Páx. 5.699

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 28 de febreiro de 2001, da Dependencia de Recadación de Badaxoz, de notificación de providencia de constrinximento.

De conformidade co disposto no artigo 105.6º da Lei xeral tributaria (Lei 230/1963, do 28 de decembro), segundo a redacción dada polo artigo 28.1º da Lei 66/1997, do 30 de decembro, polo presente edicto faise saber que téndose intentado a notificación ós interesados ou ós seus representantes, sen que fose posible practicala por causas non imputables á Administración tributaria, por medio do presente anuncio ponse de manifesto que se atopan pendentes de practica-las seguintes notificacións:

-Relación de debedores con notificacións pendentes: os incluídos na relación adxunta.

-Procedemento que motiva as notificacións: procedemento administrativo de constrinximento.

-Órgano responsable da súa tramitación: órganos de recadación desta delegación.

Os debedores incluídos na relación adxunta, ou os seus representantes debidamente acreditados, deberán comparecer, co obxecto de que se practique a notificación pendente, no prazo de dez días contados desde o seguinte á publicación do presente edicto no boletín oficial correspondente, de luns a venres en horario das 9 ás 14 horas, na unidade de recadación de calquera das oficinas da axencia estatal de Administración tributaria nesta provincia, sitas en:

-Don Benito, Alonso Martín, 16.

-Mérida: praza de Santa María, 5.

-Zafra: avenida Antonio Chacón, s/n.

-Badaxoz: paseo de San Francisco, 17.

Os debedores que citados polo presente anuncio non comparezan por si ou polos seus representantes debidamente acreditados, no prazo fixado con anterioridade, entenderanse notificados para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Badaxoz, 28 de febreiro de 2001.

Xefe da dependencia

Rubricado

Datos do contribuínte

B06017958

Extremadura Express S.L.

Cl/ Adriano, 7-Mérida