Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 27 de abril de 2001 Páx. 5.698

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIMIANZO

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2001, da Alcaldía do Concello de Vimianzo (A Coruña), referente á convocatoria para a provisión por concurso dunha praza de funcionario de carreira.

En cumprimento do disposto no artigo 97 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das baes de réxime local, faise pública a convocatoria para a provisión, mediante o sistema de concurso entre funcionarios de carreira de tódalas administracións públicas, dunha praza de funcionario técnico de Administración xeral, de conformidade coas bases aprobadas por resolución da alcaldía do 28 de febreiro de 2001, publicadas integramente no BOP número 57 do 10 de marzo de 2001. Estas bases foron elevadas a definitivas por resolución da alcaldía do 2 de abril de 2001, publicada tamén no BOP número 82, do 9 de abril de 2001. Nesta última publicación recóllense as modificacións introducidas na resolución de aprobación definitiva das reiteradas bases.

Denominación do posto: técnico da Administración xeral. Encadrado na escala de Administación xeral, subescala técnica. Número de postos: 1. Grupo de clasificación: A, segundo o artigo 25 da Lei 30/1984, do 2 de agosto. Nivel de complemento de destino: 28. Complemento específico: tres millóns de pesetas anuais. Requisitos específicos: funcionario de carreira do grupo A, de calquera das administracións públicas, en posesión do título de licenciado en dereito.

Adscricións: área de secretaría xeral.

As solicitudes para tomar parte neste concurso, dirixidas ó alcalde-presidente, presentaranse no prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no rexistro xeral do concello ou na forma que determina o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios do concello, segundo o establecido nas propias bases.

Vimianzo, 2 de abril de 2001.

Alejandro Rodríguez Lema

Alcalde