Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 27 de abril de 2001 Páx. 5.698

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

Na Comisión de Goberno do día 5 de xuño de 2000, na que se aprobou inicialmente o estudio de detalle do solo urbanizable non programado número 2 (SUNP-2) de Salgueiriños, acordouse rectifica-lo erro padecido no texto do Plan parcial do SUNP-2, aprobado definitivamente o 3 de xullo de 1997, ó computa-la superficie total do ámbito obxecto de ordenación, que é de 128.994 m, de acordo coa medición precisa do ámbito delimitado nos planos do documento. Consecuentemente, procede corrixi-la determinación da superficie edificable máxima autorizada, que é o resultado de aplica-lo correspondente índice de edificabilidade (0,4) á superficie neta do sector.

-Superficie total: 128.994 m.

-Superficie neta: 127.900 m.

-Superficie edificable: 51.160 m construídos (127.900 m x 0,4).

O Pleno do Concello, en sesión do 28 de setembro de 2000, aprobou definitivamente o estudio de detalle do solo urbanizable non programado número 2 (SUNP-2) de Salgueiriños, promovido polo Instituto Galego da Vivenda e do Solo.

De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia publicouse no BOP nº 69, do 24 de marzo de 2001, o texto íntegro da normativa urbanística do estudio de detalle definitivamente aprobado.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo