Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 27 de abril de 2001 Páx. 5.697

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

A Comisión de Goberno do concello, na súa sesión do 29 de xaneiro de 2001, aprobou definitivamente o proxecto de urbanización do polígono 1 do solo urbanizable programado número 3 (SUP-3) da Ponte Pedriña, promovido pola xunta de compensación do polígono.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do con

cello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo