1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Negociado de Subministracións e Compras. b) Número de expediente: S2001/29.
2. Obxecto do contrato: deseño museográfico e subministración de elementos mobles para a renovación dun ámbito expositivo na sala de experiencias da Casa das Ciencias. Prazo de entrega: fixarano os licitadores na súa oferta, sen que en ningún caso poida ser superior a tres meses contados desde a recepción do acordo de adxudicación.
3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 5.000.000 de pesetas IVE incluído.
5. Garantía provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase punto 1. b) Domicilio: pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: suministros*aytolacoruna.es. g) Data límite de obtención de documentos e información:
ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día se finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada. d) Admisión de variantes: si.
9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 23 de abril de 2001.
O alcalde
P.D.
Asinado