Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 27 de abril de 2001 Páx. 5.692

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-15/2000).

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 12 de marzo de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle presentado por Promocións Rúa Eirís, S.L. en Monte Martelo, 61, no referente a reaxuste de aliñacións, pero non no relativo á ordenación de volumes proposta, debendo eliminar do estudio de detalle o plano nº 6 relativo a sección de rúa. Para o efecto deberá presentar un novo texto do documento (por cuadriplicado) no que se elimine o plano nº 6.

Segundo.-Unha vez presentado o novo texto e comprobado polos técnicos municipais que cumpre coa condición anterior proceder á publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Terceiro.-Cumprido o punto primeiro e segundo, comunicar este acordo ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dando traslado do expediente administrativo e dous exemplares do documento en cumprimento do artigo 48.3º da LSG.

Cuarto.-Notificarlles ós interesados neste estudio de detalle.

Quinto.-Contra o presente acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpoñe-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación ou a publicación ou, noutro caso, o de seis meses contado desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

O que se publica para xeral coñecemento e para produci-los efectos previstos no presente acordo.

A Coruña, 19 de marzo de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo