Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 27 de abril de 2001 Páx. 5.690

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO de licitación de concurso con procedemento aberto e trámite de urxencia.

1. Proxecto: vías municipais 2001 en Macenda, Boiro e Abanqueiro.

2. Orzamento: 10.613.067 pesetas (63.785,82 euros).

3. Apliación orzamentaria: 511.601.01.

4. Prazo de execución: 4 meses.

5. Clasificación: non se esixe.

6-7. Lugar e prazo de presentación de ofertas: no rexistro xeral do Concello de Boiro durante o prazo de 13 días naturais contados a partir da publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG, de 9 a 13 horas.

8. Garantía provisional: non se esixe.

9. Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

10. Taxas do contrato: non.

11. Revisión de prezos: non procede.

12. Control de calidade: esixible.

13. Criterios de ponderación de ofertas: opción A.

14. Apertura de propostas: terá lugar na casa do concello ás dez horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de ofertas. No suposto de que coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

Modelo de proposición:

Don /Dona..... con domicilio en....., rúa..... nº..... teléfono..... con DNI (pasaporte ou documento que o substitúa)....., actuando en nome propio (ou en representación de....., DNI ou CIF nº..... e con domicilio no lugar....., teléfono.....), toma parte no concurso con procedemento aberto para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de..... e para estes efectos fai constar:

1. Que ofrece o prezo de.... pesetas (IVE incluído), que significa unha baixa de..... pesetas, en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de cláusulas administrativas do presente contrato.

3. que achega a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

En....., ..... de..... de 2000.

O/A licitador/ra (asinado e rubricado)

Modelo de sobre.

Proposición para tomar parte na contratación das obras..... presentada por.....

En....., ...... de...... de 2000.

O/A licitador/a (asinado e rubricado)

Expediente.- O expediente, proxecto e prego de condicións atópanse á disposición dos interesados nas oficinas municipais durante o prazo e horas de presentación de proposicións.

Boiro, 18 de abril de 2001.

O alcalde

Rubricado