A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (área sur), en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998, da Consellería de Sanidade
e Servicios Sociais, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, convoca o seguinte concurso público:
Nº de expediente: C.P. 53/2001 S y C.P. 27/2001 N.
1. Obxecto: contratación do servicio de vixilancia e seguridade nos centros de saúde de Pintor Colmeiro (Vigo), Virgen Peregrina (Pontevedra) e San Roque (Vilagarcía), dependentes desta xerencia.
2. Orzamento máximo: 39.830.000 pesetas, 239.383,12 euros. Importe correspondente a 24 mensualidades.
3. Prazo de execución: dous anos (24 mensualidades) desde a sinatura do contrato. Posibilidade de prórroga nos termos previstos no artigo 198 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
4. Fianzas:
a) Provisional: non se esixe.
b) Definitiva: será do 4% do orzamento de adxudicación.
5. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.
6. Acreditación solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
7. Criterios de adxudicación: os establecidos no número 12 da folla de especificacións que forma parte do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe a presente contratación.
8. Documentación de interese para os licitadores: pode ser solicitada na Xerencia de Atención Primaria, rúa México 26-1º andar, 36204 Vigo, teléfono 986 81 64 66, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.
9. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral desta Xerencia de Atención Primaria (rúa México, 26-4º, 36204-Vigo), antes das 14 horas do décimo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo do xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
10. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, rúa de México 26-6ª planta de Vigo, ás 9 horas do sétimo día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
11. Documentación que deberán achega-los licitadores: a sinalada no punto cinco prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público correrán por conta do seu adxudicatario.
Vigo, 9 de abril de 2001.
Ángel Martín Santos
Director xerente de Atención Primaria
de Pontevedra-Vigo