Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 27 de abril de 2001 Páx. 5.685

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2001, da Dirección Provincial de Ourense, pola que se anuncia o concurso público 1DP/2001 para a subministración sucesiva de material de incontinencia urinaria, polo procedemento aberto e tramitación urxente.

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6.h) da Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola do 23 de marzo de 2000 (DOG do 30 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da autorización do director xeral da División de Recursos Económicos do Sergas do 19 de xaneiro de 2001,

convoca o seguinte concurso público para a subministración sucesiva de material de incontinencia urinaria.

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde, Dirección Provincial de Ourense, rúa Xoan XXIII, nº 27, 1º e 2º andar. Teléfono: 988 38 55 95. Fax: 988 38 55 60.

2. Modalidade da adxudicación: concurso, procedemento aberto e tramitación urxente.

3. a) Lugar da entrega da subministración: as entregas de material faranse nos lugares de almacenamento que indique a adxudicación (ver prego de prescricións técnicas).

b) Natureza e cantidade dos productos que se deben subministrar: material de incontinencia urinaria (ver prego de especificacións técnicas). Orzamento: 71.930.400 pesetas IVE incluído.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por parte e/ou polo conxunto da subministración requirida: a licitación versará sobre a totalidade dos lotes ou sobre cada un deles.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: os prazos de entrega en cada un dos centros poderán variar entre os 15 e 30 días, en función da capacidade de almacenamento de cada centro e igualmente comunicaráselle ó adxudicatario no seu momento (ver prego de prescricións técnicas).

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que se poden solicita-los documentos pertinentes: ve-lo punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 18 de maio de 2001.

6. a) Data límite de recepción de ofertas: 25 de mayo de 2001.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ve-lo punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deben redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar desta apertura: 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas no enderezo que se sinala no punto 1.

8. Fianzas e garantías esixidas: fianza provisional previa, equivalente ó 2% do orzamento de licitación do lote ou lotes ós que se presente a empresa ofertante.

Unha vez adxudicados os lotes, os adxudicatarios deberán constituír unha fianza definitiva do 4% do orzamento de licitación dos lotes que lles fosen adxudicados.

9. Modalidades esenciais de pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: o pagamento farase mediante transferencia bancaria á conta designada polo adxudicatario, unha vez recibida a subministración, debendo terse en conta, en todo caso, o establecido no artigo 99 do texto refundido da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas de data 16-6-2000.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: UTE.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberán reuni-los provedores: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data de apertura das proposicións.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ve-la folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas.

14. Variantes: non se admiten.

15. Información complementaria: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares.

16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa:

17. Data de envío do anuncio: 3 de abril de 2001.

18. Data de recepción do anuncio pola oficina de publicacións oficiais das comunidades europeas:

19. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será pola conta do adxudicatario.

Ourense, 27 de marzo de 2001.

Jose Santiago Camba Bouzas

Director Provincial de Ourense