Examinado o expediente instruído para efectos de outorgamento do permiso de actividade para a explotación dunha cetaria, apreciáronse os seguintes
A) Feitos:
Primeiro.-Mediante escrito do 20 de decembro de 2000, Argentino Pires Iglesias (DNI: 36003726D), en representación de Viveros de Vigo, S.A. (CIF: B36637221), solicitou permiso de actividade para a explotación dunha cetaria, na dársena 3 do porto de Vigo, Vigo, provincia de Pontevedra.
Segundo.-O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación deste tipo de establecementos.
Terceiro.-No expediente consta que se realizaron os seguintes trámites:
-Anuncio de información pública.
-Informe técnico biolóxico.
-Informe urbanístico do Concello de Vigo.
-Informe sobre a ocupación do dominio público portuario estatal da Autoridade Portuaria de Vigo.
-Informe xurídico emitido polo Servicio Técnico-Xurídico.
Cuarto.-Con data do 29 de maio de 2000, o Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo outorgou a Viveros de Vigo, S.A. a concesión para a ocupación de 875 m de dominio público portuario estatal con destino a cetaria.
B) Fundamentos de dereito:
Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101), co Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre (DOG nº 142) e coa Orde do 27 de marzo de 2000, pola que se regula o procedemento para o outorgamento do permiso de actividade para establecementos de cultivos mariños e auxiliares na zona terrestre (DOG nº 67).
Examinadas as disposicións citadas, a proposta de resolución da Dirección Xeral de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería
RESOLVE:
Outorgar a Viveros de Vigo, S.A., con CIF: B36637221, permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación do establecemento auxiliar de cultivos mariños, que se indica a continuación:
-Tipo: cetaria.
-Nome: Viveros de Vigo, S.A.
-Actividade: estabulación.
-Especies: boi (Cancer pagurus), camarón (Palaemon spp.), centola (Maja squinado), lagosta (Palimurus spp.), lumbrigante (Homarus ganmarus), nécora (Macropipus puber).
-Localización: dársena 3 do porto de Vigo, Vigo (Pontevedra).
-Superficies:
Dominio privado: 0 m.
Dominio público: 875 m.
-Características das instalacións:
Naves nº:
1 Superficie: 35x22,5. mXm
Piscinas nº: 15
1 Rectangular: superficie: 4x1,45 m.
2 Rectangular: superficie: 2,2x2,5 m.
1 Rectangular: superficie: 1,65x2,5 m.
2 Rectangular: superficie: 3,1x1,65 m.
1 Rectangular: superficie: 3,05x1,65 m.
4 Rectangular: superficie: 2,6x8,3 m.
4 Rectangular: superficie: 2,65x8,3 m.
Superficie total: 211,35 m
Baixo as seguintes condicións:
Primeira.-O permiso de actividade outórgase por un prazo de dez (10) anos, que se contarán a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no DOG. Poderá prorrogarse por períodos máximos doutros dez anos, logo de petición do interesado presentada dentro dos 60 días anteriores ó vencemento da súa vixencia.
A vixencia dos títulos habilitantes, permiso de actividade e concesión da ocupación do dominio público, así como das prórrogas que no seu día se puidesen outorgar, deberán ser coincidentes.
Segunda.-As obras e instalacións que poderán dar comezo no momento no que o titular dispoña das autorizacións preceptivas dos distintos organismos competentes na materia, levaranse a cabo consonte o proxecto básico: nave para viveiro no porto de Vigo-nave B1, subscrito en maio de 2000, polos arquitectos Antonio Hernández Crespo e Ernesto Cid Sueiro, visado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, e deberán quedar totalmente rematadas no prazo de 24 meses, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución.
Terceira.-A execución das obras e instalacións e o inicio da actividade realizaranse conforme o disposto nos artigos 5 e 6 da Orde do 27 de marzo de 2000, anteriormente citada.
Cuarta.-Nin o establecemento, nin o dominio público ocupado, nin as obras nel executadas poderán destinarse a usos distintos dos autorizados. Baixo ningún concepto se poderán modifica-las instalacións sen permiso expreso desta consellería.
Quinta.-Sen prexuízo da caducidade da concesión de ocupación do dominio público, ó abeiro do disposto na Resolución do 29 de maio de 2000 do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo, que será vinculante para esta consellería, o permiso de actividade ó que se refire esta resolución, extinguirase polo incumprimento dalgunha das condicións dela e nos casos previstos no artigo 72, da Lei 6/1993, de pesca de Galicia, e no Decreto 193/1997, do 5 de xuño.
Sexta.-O outorgamento deste permiso de actividade non exime o seu titular da obtención das licencias, permisos e autorizacións legalmente procedentes.
Sétima.-O titular xustificará o pagamento á Facenda pública do imposto que grava as concesións e autorizacións (transmisións patrimoniais e actos
xurídicos documentados) ou acreditará a declaración de non estar suxeito ó acto do dito imposto, feita pola Delegación de Facenda ou oficina liquidadora correspondente.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada por Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2001.
P.D. (Orde 17-12-1997, DOG nº 246, do 22 de decembro)
Juan José Álvarez Pérez
Secretario xeral da Consellería de Pesca,
Marisqueo e Acuicultura