Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 27 de abril de 2001 Páx. 5.671

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/93-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. rúa da Ponte, 82.

Situación: Lalín.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 29 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde a L.M.T. entre os CC.TT. A Corredoira e Cabirtas, alimentando en bucle o C.T. que se proxecta na rúa da Ponte 82, concello de Lalín, rematando no punto de inicio da liña. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 13 de marzo de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra