Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 27 de abril de 2001 Páx. 5.660

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 19 de marzo de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as resolucións dictadas por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente OU-02449-O-2000 e outro máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último domicilio coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo director xeral de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan.

Fáiselles saber que as ditas resolucións non esgotan a vía administrativa, e poden interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula. Transcorridos tres meses desde a interposición do recurso sen que se notifique a súa resolución, entenderase desestimado e quedará expedita a vía procedente.

En caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor del Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 do Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., sucursal de Santiago de Compostela, no prazo dos quince días hábiles seguintes á firmeza das resolucións (firmeza que se producirá ó non interpoñeren recurso ordinario dentro do prazo), e de non face-lo así, procederase á súa cobranza pola vía de constrinximento segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro).

Para que conste e sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

OU-02449-O-2000

LE-2130-AC

G.C. de Tráfico

Obras, Camiones e Pavimentos, S.L.

Avda. Astorga, 9

24400 Ponferrada (León)

Transportar pedra partida coa tarxeta de transportes caducada.

31-8-2000; 12; N-120; 440

Artigo 90 da Lei 16/1987 e artigo 41 do

R.D. 1211/1990

Artigo 143 da

Lei 16/1987, 201 do R.D. 1211/1990

250.000

Precintaxe do vehículo

PO-01829-O-1999

SS-5341-T

G.C. de Tráfico

Adersa Vigo, S.L.

Areal-estación FF.CC.-Guixar, s/n

36201 Vigo (Pontevedra)

Circular cun vehículo articulado realizando un transporte público de mercadorías, tendo caducada a súa autorización administrativa desde a data 31-7-1998. Transporta sete turismos. Servicio público.

6-9-1999; 14.10; A-9; 137,500

Artigo 90 da Lei 16/1987 e artigo 41 do

R.D. 1211/1990

Artigo 143 da

Lei 16/1987, 201 do R.D. 1211/1990

250.000

Precintaxe do vehículo