Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 27 de abril de 2001 Páx. 5.659

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 14 de marzo de 2001, do recadador de zona da Coruña, polo que se notifica o expediente de constrinximento contra o debedor Transportes Reimóndez y Reimóndez.

O recadador da Xunta de Galicia, titular da zona da Coruña, por medio do presente anuncio fai saber

que se segue nesta oficina expediente de constrinximento contra o/s debedor/es que se sinala/n na lista que se xunta. No/s devandito/s expedientes dictouse a dilixencia de embargo sobre o/s ben/s que aparece/n como propiedade dos debedores, dilixencia que non puido ser notificada ó/s interesado/s malia os intentos feitos nese sentido. A referencia da dilixencia é a que se sinala no anexo.

Todo o dito faise en cumprimento dos artigos 100 e seguintes (capítulo IV, título I) do vixente Regulamento xeral de recadación.

Do presente embargo tomarase nota no rexistro que corresponda, a favor da Xunta de Galicia.

O que se publica para os efectos de notificación coa advertencia de que os interesados poderán presentar recurso de reposición no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta publicación, perante o Servicio Central de Recadación da Xunta de Galicia, sito no edificio administrativo San Caetano, de Santiago de Compostela, ou reclamación económico-administrativa perante o tribunal da devandita xurisdicción, sen que poidan simultanearse ámbolos recursos.

A Coruña, 14 de marzo de 2001.

Nazario Villalva

Recadador da zona da Coruña

ANEXO

Interesado: Transportes Reimóndez y Reimóndez.

NIF: B-15.525.801.

Data da dilixencia: 14-3-2001.

Descrición do ben: embargo do predio 45647.0 Reg. Prop. A Estrada.