Eu, Rosa María Acero Salomón, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Negreira, dou fe e testemuño que no xuízo de faltas número 231/2000, seguido ante este xulgado por unha falta contra a orde pública, se acordou citar a Rogelio Vilas Juncal á celebración do presente xuízo de faltas, que terá lugar o próximo día cinco de xuño de dous mil un ás 11 horas, baixo apercibimento de que, de non comparecer, recaerán sobre el os prexuízos a que houber lugar en dereito.
E para que conste e lle sirva de citación a Rogelio Vilas Juncal, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido a presente cédula de citación en Negreira, sete de marzo de dous mil un.
A secretaria
Rubricado