Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 27 de abril de 2001 Páx. 5.648

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2001, dos tribunais números 1, 2 e 3, designados para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E), convocado pola Orde do 5 de xuño de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 115, do 14 de xuño), polo que se fixa a data, a hora e o lugar de realización das dúas probas do primeiro exercicio do devandito proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 20 de abril de 2001 polos tribunais 1, 2 e 3, designados para xulga-lo

proceso selectivo para o acceso ó corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E), convocado pola Orde do 5 de xuño de 2000, acordouse, de conformidade co disposto na base III.9 da dita orde, convoca-los aspirantes para a realización das dúas probas do primeiro exercicio do dito proceso selectivo o día 20 de maio de 2001, no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra), en chamamento único, efectuándose a apertura das portas ás 9 horas e o seu peche e inicio do exercicio ás 10.15 horas.

A distribución dos opositores será a seguinte:

Tribunal nº 1: xulgará os exercicios de tódolos aspirantes correspondentes ó sistema de acceso libre desde Zambrano Casas, José Alberto a Fontenla Blanco, María Victoria, ámbolos dous inclusive.

Tribunal nº 2: xulgará os exercicios de tódolos aspirantes correspondentes ó sistema de acceso libre desde Fontenla Bugallo, Ernesto a Parille Puente, Juan Manuel, ámbolos dous inclusive.

Tribunal nº 3: xulgará os exercicios de tódolos aspirantes correspondentes ó sistema de acceso libre desde Parrado Corral, Sonia a Yubero Barros, María Consuelo, ámbolos dous inclusive.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2001.

Juan José Álvarez Pérez

Presidente do tribunal nº 1

Eduardo Suárez CampoJosé Ricardo Díaz Presedo

Presidente do tribunal nº 2Presidente do tribunal nº 3