Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 26 de abril de 2001 Páx. 5.596

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial de proxecto expropiatorio por taxación conxunta de terreo non incorporado á xunta de compensación do polígono 1 do PERI II-12 A Florida B (expediente 137/413).

O consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 5 de abril de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aplica-lo procedemento expropiatorio de taxación conxunta ós terreos non incorporados á xunta de compensación do ámbito do polígono 1

do PERI II-12 A Florida B, os cales se describen na parte dispositva do presente acordo.

Segundo.-Aprobar inicialmente o proxecto expropiatorio presentado pola devandita xunta de compensación no 26-2-2001 e redactado polo arquitecto Teodoro de Francisco Antes.

Terceiro.-Somete-lo expediente a información pública polo prazo dun mes mediante a inserción de anuncios no DOG e nun xornal dos de maior circulación da provincia, con notificación individualizada das follas separadas do prezo xusto a tódolos que aparecen como titulares de bens ou dereitos no expediente, nos termos do artigo 145, puntos 2, 3 e 4 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Procédese ó trámite de información pública do citado proxecto significando que o prazo de exposición se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na Oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 17 de abril de 2001.

Lóis Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo