Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 26 de abril de 2001 Páx. 5.591

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2001, da Dirección Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a adxudicación do servicio de limpeza do edificio sede desta dirección provincial da rúa García Barbón, 51, correspondente ó concurso público 1/2001 por procedemento aberto.

A Dirección Provincial do Sergas da provincia de Pontevedra en Vigo, en virtude das competencias delegadas na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 23 de marzo de 2000, e para cumprimento do previsto no artigo 93.2º do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:

Concurso público polo procedemento aberto nº 01/2001.

Obxecto: servicio de limpeza da Dirección Provincial na rúa García Barbón, 51.

Empresa adxudicataria: Gallega de Contratas y Servicios, S.L.

Importe da adxudicación: 11.400.480 pesetas anuais.

Vigo, 16 de marzo de 2001.

Lucía Molares Pérez

Directora provincial de Pontevedra