Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. O Castañal-Viña Grande-Alcabre.
Situación: Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 415 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. subterránea BAL 7.18 ó C.T. existente Viña Grande, alimentando en bucle ó C.T. que se proxecta no Castañal-Viña Grande-Alcabre, no concello de Vigo, rematando no punto de inicio da liña. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Pontevedra, 2 de marzo de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra