Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 26 de abril de 2001 Páx. 5.572

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO 8/2000 (4).

Ángel-Javier Martín Sánchez, secretario xudicial do Xulgado do Contencioso-Administrativo número uno da Coruña, fago saber:

Que, en virtude do acordado por providencia do día de hoxe, dictada nos autos de procedemento ordinario nº 8/2000-(5), se lle notifica a Marlene Tatiana Melicio Barros a seguinte resolución:

Providencia maxistrado-xuíz, Ramírez Sineiro. A Coruña, 28 de febreiro de 2001.

Dada conta, por presentado o anterior escrito pola procuradora Ana María Tejelo Núñez, únase ós autos da súa razón; tense por formulada renuncia pola dita procuradora, ben como polo letrado Rafael José López Jácome; obsérvese o acordado no artigo 30 da Lei de axuizamento civil e requírase a recorrente, Marlene Tatiana Melicio Barros, para que no prazo de dez (10) días designe novamente procurador e avogado para que a representen e defendan respectivamente, con apercibimento de que, de non o verificar no referido prazo, se procederá ó arquivo das actuacións; así mesmo, fágaselle saber á referida procuradora que non poderá abandona-la representación da súa poderdante, na que deberá continuar ata esta prover á designación doutro no prazo antes mencionado.

Mándao S.Sª., do que, como titular da súa secretaría, dou fe».

E para que sirva de notificación á demandada, Marlene Tatiana Melicio Barros, que se encontra en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Na Coruña o 26 de marzo de 2001.

Ángel-Javier Martín Sánchez

Secretario