Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 26 de abril de 2001 Páx. 5.531

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2001 pola que se incrementa a contía das bolsas de predoutoramento concedidas por resolucións das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 26 de xullo de 2000 (DOG do 7 de agosto).

Por orde conxunta das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 6 de marzo de 2000 (DOG do 13 de marzo), convocáronse no anexo III prórrogas das bolsas de predoutoramento para a realización de teses de doutoramento en temas de investigación mariña correspondentes ó Programa de Investigación Mariña do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

Na citada orde fixouse o importe destas bolsas en 115.000 pesetas brutas mensuais, pero considerábase a posibilidade de incrementa-la dotación das bolsas a partir do 1 de xaneiro do ano 2001, co fin de acada-la total homologación coas bolsas de formación convocadas polo Ministerio de Educación e Cultura.

Considerando que a Secretaría de Estado de Educación e Universidades, por Resolución do 7 de novembro de 2000 (BOE do 21 de novembro), estableceu a contía das bolsas de FPU para o ano 2001 (primeira e segunda anualidade) en 120.000 pesetas/mes, o secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento e o director xeral de Formación Pesqueira e Investigación, por delegación (Orde 6-3-2000) dos conselleiros da Presidencia e Administración Pública e de Pesca, Marisqueo e Acuicultura,

RESOLVEN:

1. Fixa-la contía mensual das bolsas de predoutoramento concedidas por resolucións das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 26 de xullo de

2000 (DOG do 7 de agosto) en 120.000 pesetas brutas mensuais desde o 1 de xaneiro do ano 2001 ata a data de remate.

Este incremento financiarase con cargo á mesma aplicación orzamentaria á que se imputaron as bolsas (04.07.432A.480.0. código proxexto 04.00-417) do exercicio 2001.

2. Esta resolución pon fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 c) da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2001.

P.D. (Orde 6-3-2000) P.D. (Orde 6-3-2000)

Miguel Ángel Ríos Fernández Joaquín Mariño Cadarso

Secretario xeral de InvestigaciónDirector xeral de Formación

e DesenvolvementoPesqueira