Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 26 de abril de 2001 Páx. 5.530

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2001 pola que se incrementa a contía das bolsas de predoutoramento concedidas por resolucións das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Medio Ambiente do 20 de setembro de 2000 (DOG do 3 de outubro) e do 5 de outubro de 2000 (DOG do 2 de novembro).

Por orde das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Medio Ambiente do 26 de abril de 2000 (DOG do 8 de maio), convocáronse nos anexos III e IV prórrogas das bolsas de doutoramento en temas de investigación en ambiente e bolsas para incorporación de titulados superiores ó Centro de Investigacións de Lourizán, correspondente ó Programa de Medio Ambiente.

Na citada orde fixouse o importe destas bolsas en 115.000 pesetas brutas mensuais, pero en ámbolos casos considerábase a posibilidade de incrementa-la dotación das bolsas a partir do 1 de xaneiro do ano 2001, co fin de acada-la total homologación coas bolsas de formación convocadas polo Ministerio de Educación e Cultura.

Considerando que a Secretaría de Estado de Educación e Universidades, por Resolución do 7 de novembro de 2000 (BOE do 21 de novembro), estableceu a contía das bolsas de FPU para o ano 2001 (primeira e segunda anualidade) en 120.000 pesetas/mes, o secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento e o director do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental, por delegación (Orde do 26-4-2000) dos conselleiros da Presidencia e Administración Pública e de Medio Ambiente,

RESOLVEN:

1. Fixa-la contía mensual das bolsas de predoutoramento concedidas por resolucións das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Medio Ambiente do 20 de setembro de 2000 (DOG do 3 de outubro) e do 5 de outubro de 2000 (DOG do 21 de novembro) en 120.000 pesetas brutas mensuais desde o 1 de xaneiro do ano 2001 ata a data de remate.

Este incremento financiarase con cargo á mesma aplicación orzamentaria á que se imputaron as bolsas (04.07.432A.480.0. código proxecto 04.00-417) do exercicio 2001.

2. Esta resolución pon fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 c) da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das

administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2001.

P.D. (Orde 26-4-2000)P.D. (Orde 26-4-2000)

Miguel Ángel Ríos Fernández Juan Casares Long

Secretario xeral de InvestigaciónDirector do Centro de Información

e Desenvolvementoe Tecnoloxía Ambiental