Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 25 de abril de 2001 Páx. 5.523

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2001 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración de roupa de uniformidade e traballo con destino ó persoal subalterno, conductores e operarios da Deputación Provincial da Coruña. (Expediente 01/2297 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: suministración de roupa de uniformidade e traballo con destino ó persoal subalterno, conductores e operarios da Deputación Provincial da Coruña.

Lugar de entrega: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de entrega: vestiario de verán e de servicios agropecuarios: 31 de maio de 2001. Vestiario de inverno: 30 de setembro de 2001.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 7.279.400 pesetas (43.750,08 euros), que se desagrega en 7 lotes.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n 5º. 15003 A Coruña. Teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP de A Coruña.

A Coruña, 10 de abril de 2001.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña