Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 25 de abril de 2001 Páx. 5.521

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO de contratación.

Obxecto: a contratación mediante concurso con procedemento aberto da obra aforro enerxético en varios lugares 2001.

Duración do contrato: tres meses.

Tipo de licitación: 20.000.000 de pesetas.

Prego de condicións: poderá ser examinado na secretaría do concello.

Garantías: provisional, 400.000 pesetas. Definitiva, o 4% do prezo de adxudicación.

Presentación de plicas: durante os trece días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio.

Proposicións: sobre A denominado «Proposición económica» para optar ó concurso da obra de aforro enerxético en varios lugares 2001, xuntando a oferta económica. Sobre B denominado «Documentos», que conterá: empresario individual: copia do DNI; se se actúa por representación: copia do poder. Xustificante da fianza provisional. Declaración de non estar incurso en causa de incapacidade. Melloras ofrecidas e maior número das obras ofertadas sobre as establecidas no proxecto. Relación das obras realizadas para este concello nos 5 últimos anos. Infor

mes ou referencias sobre a solvencia económica do licitador e modelo e prezo dos materiais ofertados.

Os gastos derivados da publicación dos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Teo, 11 de abril de 2001.

Armando Blanco Martínez

Alcalde