Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 25 de abril de 2001 Páx. 5.500

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2001 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de historia medieval, do departamento de Historia, Arte e Xeografía, a Francisco Javier Pérez Rodríguez (praza 17/2000).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 26 de abril de 2000 (BOE do 23 de maio), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de historia medieval, do departamento de Historia, Arte e Xeografía, a favor de Francisco Javier Pérez Rodríguez con documento nacional de identidade número 34.948.294, e cumprindo o interesado os requisitos do número 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Francisco Javier Pérez Rodríguez profesor titular de universidade da área de coñecemento de historia medieval, do departamento de Historia, Arte e Xeografía.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado

que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación perante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado namentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 23 de marzo de 2001.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo