Convocado concurso por resolución da Universidade da Coruña do 1 de agosto de 2000 (BOE do 22 de agosto) para a provisión da praza nº 00/042 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de ciencias da computación e intelixencia artificial do departamento de Técnicas da Información e as Comunicacións desta universidade, e tendo en conta a desistencia do único aspirante admitido; visto o artigo 11.2º d) do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado resolve declarar concluído o procedemento e deserta a praza referida.
A Coruña, 23 de marzo de 2001.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña