Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2001 Páx. 5.437

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público con procedemento aberto, para a contratación da dirección facultativa das obras de clausura, selaxe e rexeneración ambiental dos vertedoiros de RSU dos concellos de Poio e Redondela (Pontevedra) e da apertura dun vertedoiro de residuos de construcción e domolición no concello de Ribadeo (Lugo).

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: dirección facultativa das obras de clausura, selaxe e rexeneración ambiental dos vertedoiros de RSU de Poio e Redondela (Pontevedra) e da apertura dun vertedoiro de RDC no concello de Ribadeo (Lugo).

2.2. Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cinco millóns duascentas sete mil (5.207.000 pesetas), IVE incluído (31.294,70 euros).

5. Fianza provisional.

No se esixe.

6. Fianza definitiva.

4% do orzamento de adxudicación.

7. Documentación e información.

7.1. Documentación.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas así como o proxecto da obra, que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na Copistería Copynino, situada na rúa Xeneral Pardiñas, nº 2. de Santiago de Compostela (teléfono 981 588 939) e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=305.

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e que estean interesadas en concursar a esta licitación deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:

-No epígrafe Asunto: nome do concurso.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

7.2. Información.

Teléfono: 981 54 17 49.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8.3. Lugar de presentación.

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) No suposto de que se participe en ámbolos dous concursos de dirección facultativa das obras de adecuación, clausura e selaxe do vertedoiro de RSU da Curota, Ribeira e A Pobra do Caramiñal (A Coruña) e dirección facultativa das obras de clausura, selaxe e rexeneración ambiental do vertedoiro de RSU dos concellos de Poio (Pontevedra) e Redondela (Pontevedra) e da apertura dun vertedoiro de residuos de construcción e demolición no concello de Ribadeo (Lugo), a documentación xeral contida no sobre A presentada para un deles producirá plenos efectos no outro, facendo constar expresamente como contido do sobre A, ademáis da fianza provisional,

de ser esixida, referencia do concurso no que se presenta a documentación xeral.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.

b) Enderezo: Complexo Administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o noveno día natural contado desde o seguinte ó do termo do prazo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

11. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2001.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente