Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2001 Páx. 5.432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 59/2001 e seis máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás cales non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase a seguir:

NomeDNI/NIFNº exp.Precepto infrinx.Último domicilioMulta máxima

Javier Álvarez López33.810.169LU-E 59/0123-e) LO 1/92Lousadela, 7, SarriaAta 5.000.000 de ptas. e/ou clausura do establecemento polo período de ata 6 meses

Manuel Casal Maseda33.831.613LU-E 67/0123-o) en relación co 26-e) LO 1/92Misericordia, 50, 1º A, ViveiroAta 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses

Manuel Casal Maseda33.831.613LU-E 62/0123-o) en relación co 26-e) LO 1/92Misericordia, 50, 1º A, ViveiroAta 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses

Manuel Casal Maseda33.831.613LU-E 74/0123-o) en relación co 26-e) LO 1/92Misericordia, 50, 1º A, ViveiroAta 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses

Manuel Casal Maseda33.831.613LU-E 72/0123-o) en relación co 26-e) LO 1/92Misericordia, 50, 1º A, ViveiroAta 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses

NomeDNI/NIFNº exp.Precepto infrinx.Último domicilioMulta máxima

Cuesta-Linares, CB

(Fernando R. Cuesta Linares e

Cecilia M. Cuesta Canario)

13.878.889

X-230.845

LU-E 60/0126e) LO 1/92Camporredondo, 10, VilalbaAta 50.000 ptas.

José M. Sánchez Mendoza33.856.976LU-E 64/0126-e) LO 1/92Mariña Española, 11-5º, LugoAta 50.000 ptas.

Desígnase instructor do expediente o xefe do Servicio de Xustiza, Admón. Local e Interior, Rafael López Charques e secretario o xefe de Negociado Constantino Alvar Cabido, podendo ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992 (BOE do 27 de novembro).

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Admón. Local e Interior desta delegación provincial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13.d) do reglamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993 (BOE do 9 de agosto), determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a imposición da sanción o Delegado Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (DOG do 30 de setembro).

Lugo, 9 de marzo de 2001.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo