Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2001 Páx. 5.432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de abril de 2001, polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado L.A.T. a 220 kV Mesón-Vimianzo.

En cumprimento do disposto no artigo 25.16º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no DOG o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 6 de abril de 2001, da que a parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«1º Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado L.A.T. a 220 kV Mesón-Vimianzo.

2º De conformidade co contido do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 23 de marzo de 2000, polo que se declara a incidencia supramunicipal do proxecto L.A.T. a 220 kV Mesón-Vimianzo, o planeamento dos concellos de Carral, Mesía, Ordes, Cerceda, A Laracha, Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Zas e Vimianzo queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba».

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria