Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2001 Páx. 5.426

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/235-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. avda. da Coruña.

Situación: Betanzos.

Descricións técnicas: L.M.T. a 15/20 kV de 104 m de lonxitude en conductor R.H.V. 12/20 kV de 240 mm Al, que parte da L.M.T. a C.S. estación pasando polo C.T. avda. da Coruña nº 1 de 1.000 kVA, tipo prefabricado e final na L.M.T. a C.D. Magdalena. L.M.T. que parte do C.T. anterior de 105 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 95 mm Al e final no pase aerosubterráneo a C.T. particular de M. Rey. Concello de Betanzos.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características

se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 8 de marzo de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña