Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2001 Páx. 5.423

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7044; XG-418, A Coruña-Chorén Barazón, con anexos, por substitución e unificación das concesións V-2360; XG-223, Gafoi-Ordes, con anexos, e V-3131; XG-349, Arzúa-A Coruña, con anexos.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 10 de xaneiro de 2001, resolveu outorgarlle, con carácter definitivo, á empresa Autocares Salvado, S.A., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7044; XG-418, A Coruña-Chorén Barazón, con anexos, por substitución e unificación das concesións V-2360; XG-223, Gafoi-Ordes, con anexos, e V-3131; XG-349, Arzúa-A Coruña, con anexos, de acordo, entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

* A Coruña, As Xubias, A Ponte Pasaxe, Acea da Ma, O Burgo, Almeiras, Catro Ventos, A Cabana, A Rocha, Altamira, Tabeaio, Carral, A Ponte Lago, Hervés, Canedo, O Mesón do Vento, Leira, Ordes, Poulo, Folgoso, Marzoa, Galegos, Frades, Aiazo, Gafoi, Ponte Carreira, Empalme Lardeiros, Pastor, Empalme A Mota, Orxal, Xiveiros, Bosende, Arzúa,

Lema, Vilantime, Rendos, Belmil, Penaposta-Santiso, Mourazos e Chorén Barazón.

* Frades, Ponte Santaia, Grabanxa, Barazón, Queirís, Vilarelle de Abaixo e Galegos.

* Chorén Barazón, Portocelo, O Padrón, Moldes e Melide.

* Empalme A Mota, As Calles, A Mota, A Cabrita, Bertomil e Boimorto.

2. Prohibicións de tráfico.

* De e entre Ponte Carreira e empalme de Lardeiros, puntos intermedios e viceversa.

* De e entre Frades e Grabanxa, puntos intermedios e viceversa.

* De e entre Ordes e A Rocha, puntos intermedios e viceversa, e deste tramo para A Coruña e viceversa.

* De e entre A Cabana e A Coruña, puntos intermedios e viceversa.

* De Melide para Arzúa e viceversa.

* De e entre Melide e Chorén Barazón, puntos intermedios e viceversa, e deste tramo (excepto Chorén Barazón) para o tramo A Ponte Pasaxe-A Coruña e viceversa.

* De Boimorto para o tramo Hervés-A Rocha.

* De Boimorto para A Coruña e viceversa.

* De Melide para Arzúa e viceversa.

* Nesta concesión non se poderá autorizar, como infraestructura distinta, a utilización da estrada N-547 entre Arzúa e Melide para garanti-lo respecto dos tráficos da concesión que circula por esa estrada.

3. Expedicións.

A Coruña-Galegos-Frades-empalme A Mota-Chorén Barazón-Melide (94,5 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a sábados laborables.

A Coruña-Ordes-Galegos-Frades-empalme A Mota-Orxal (66,5 km).

* Unha expedición de ida e volta os domingos e festivos.

Chorén Barazón-Rendos-Arzúa (19 km).

* Unha expedición de ida e volta os días 8 e 22 de cada mes.

Penaposta/Santiso-Rendos-Arzúa (14 km).

* Unha expedición de ida e volta os días 8 e 22 de cada mes.

Frades-Grabanxa-Galegos (8 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a sábados laborables.

Frades-Grabanxa-Galegos-Ordes (16 km).

* Unha expedición de ida e volta os mércores.

Ordes-Galegos-Frades-Ponte Carreira (18,5 km).

* Unha expedición de ida e volta os días 8 e 22 de cada mes.

* Unha expedición de ida e volta os mércores.

Ordes-Ponte Carreira (18,5 km).

* Unha expedición de ida e volta os mércores.

Galegos-Grabanxa-Frades-Ponte Carreira (14,5 km).

* Unha expedición de ida e volta os días lectivos.

Pastor-Gafoi (4,5 km).

* Unha expedición de ida e volta os días lectivos.

Frades-Ponte Carreira (6,5 km).

* Unha expedición de ida e volta os días lectivos.

Empalme A Mota-Boimorto (10 km).

* Unha expedición de ida e volta os días laborables.

Aiazo-Ponte Carreira (3,5 km).

* Unha expedición de ida e volta os días lectivos.

4. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 10,24 pesetas.

-Tarifa usuario: 10,9568 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,536 pesetas.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados ámbolos dous prazos a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes