De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, de 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase requirimento de documentación pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e se empraza o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial de Pontevedra en aplicación do artigo 35 da Lei xeral tributaria.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante a secretaría desta delegación, con enderezo na rúa Michelena, 30, Pontevedra, das 9 ás 14 horas de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 16 de marzo de 2001.
Francisco Lozano Rodríguez
Delegado territorial de Pontevedra
ANEXO
Interesado Procedemento
DNI: 76.926.026-L
R/ Santa María de Xeve, 4
Pontevedra
Liq. 4990000223González García Eugenio
Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.