Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2001 Páx. 5.365

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 13 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se notifican as resolucións dictadas sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, relacionadas no anexo.

No uso das competencias sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, reguladas polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, e, en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ó seren devoltas polo servicio de correos as resolucións enviadas no seu día, requírense os citados no anexo para que no prazo de 10 días, contados desde o seguinte ó da data de publicación deste edicto, comparezcan, persoalmente ou debidamente representados, na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en Vigo (Pontevedra), para teren coñecemento das devanditas resolucións, advertíndolles que de non facelo así, se terán por notificados cos efectos que correspondan.

Pontevedra, 13 de marzo de 2001.

María Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Apelidos e nomeDNINotificaciónImporte

López Sánchez, Andrés2.209.539Citación para o recoñecemento EVO

Allo Rial, Redosinda35.404.851Modificación da contía da pensión, entre o período desde o 1 de xaneiro de 1996 ata o 30 de setembro de 1999, xerando un cobramento indebido.563.600 pesetas

3.387,30 euros*

Fernández Barcia,

Eugenio Javier

36.018.553Petición de documentación

* Para esta información utilizouse o tipo oficial de conversión 166,386 pesetas/1 euro.