Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2001 Páx. 5.364

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 21 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, da solicitude do permiso de investigación Alcayan, número 7015.

A Delegación Provincial da Coruña fai saber que Dupont Ibérica, S.A., con domicilio en avda. Diagonal, 561, 08029 Barcelona, presentou nesta delegación provincial o día 2 de outubro de 1998, instancia-solicitude do permiso de investigación Alcayan de 145 cuadrículas mineiras para recursos de sección C, que se sitúa nos termos municipais de Carballo, Coristanco e Santa Comba, da provincia da Coruña, co expediente nº 7015 da provincia da Coruña.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 1-8º 43' 40''43º 09' 00''

Vértice 2-8º 42' 00''43º 09' 00''

Vértice 3-8º 42' 00''43º 03' 20''

Vértice 4-8º 45' 00''43º 03' 20''

Vértice 5-8º 45' 00''43º 08' 20''

Vértice 6-8º 43' 40''43º 08' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente, agás mellor dereito e sen prexuízo de terceiro.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, perante esta delegación provincial, pasado este prazo non se admitirá ningunha oposición.

A Coruña, 21 de xaneiro de 2001.

Jesús Espada Martínes

Delegado provincial da Coruña