De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 26 de abril de 2000 (BOE do 23 de maio), para a provisión da praza núm. 00/024 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de historia da arte, do departamento de Composición desta universidade, a favor de Juan Manuel Monterroso Montero, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma univesitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Juan Manuel Monteroso Montero, profesor titular de universidade da área de coñecemento de historia da arte, do departamento de Composición desta universidade.
A Coruña, 20 de marzo de 2001.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña