Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2001 Páx. 5.318

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

EDICTO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno en sesión que tivo lugar o día 15 de marzo de 2001, o proxecto técnico para a contratación de equipamento e mobiliario da residencia da 3ª idade e c. servicios sociais-anualidade 2001, redactado polo arquitecto Carlos Rosón Gasalla, e cun orzamento total de 10.000.000 de pesetas, exponse ó público durante o prazo de quince días hábiles para efectos de exame e reclamacións, considerándose aprobado definitivamente, se durante o citado período de exposición pública non se presentasen reclamacións.

Na mesma sesión da Comisión de Goberno, aprobouse o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá o concurso público por procedemento aberto, para a contratación da subministración de equipamento e mobiliario da residencia da 3ª idade e c. servicios sociais-anualidade 2001, expoñéndose ó público por un prazo de oito días hábiles, para os efectos de que os interesados poidan examinalo e formula-las alegacións que consideren oportunas.

Á súa vez convócase licitación pública para a adxudicación dos diferentes obxectos de contratación, que quedaría aprazada no suposto de presentarse reclamacións ó prego, reiniciándose, o que queda, a partir do día seguinte da resolución das reclamacións.

Obxecto.-É a adxudicación, mediante concurso polo procedemento aberto, dos seguintes obxectos de contrato:

a) Mobiliario de cociña (orzamento parcial nº 1 cociña-orzamento parcial nº 2 varios), polo orzamento de contrata de 3.713.392 pesetas.

b) Equipamento ascensor.-(orzamento parcial nº 1 accesibilidade-parcial nº 2 varios), polo orzamento de contrata de 6.286.608 pesetas.

Prazo de execución.-Tres meses para cada contratación.

Garantías.-A provisional establécese en 74.268 pesetas (obxecto A) e 125.732 pesetas (obxecto B), e a definitiva igual ó 4% dos importes das adxudicacións.

Presentación de proposicións.-Presentaranse para cada un dos dos obxectos de contratación na secretaría do concello, de 9 a 13 horas, durante o prazo de 15 días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP. Cando se presente algunha proposición económica por procedemento administrativo, o licitador deberá comunicalo inescusablemente, anunciándoo por fax ó concello, dentro do prazo de presentación.

Apertura de plicas.-Terán lugar ás nove horas do primeiro día hábil seguinte a aquel que termine o prazo de presentación de proposicións. Se ése fose sábado, terán lugar o primeiro día hábil seguinte.

Criterios de adxudicación.-Serán os fixados na correspondente cláusula do prego de condicións.

Modelo de proposición.-O recollido na correspondente cláusula do prego. Os licitadores presentarán simultaneamente coa proposición e en sobre á parte e pechado os documentos que se indican na referida cláusula.

Gastos.-Serán por conta da empresa adxudicataria os gastos dos anuncios así como tódolos os derivados do contrato.

Vila de Cruces, 19 de marzo de 2001.

O alcalde-presidente

Rubricado