Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2001 Páx. 5.315

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

En cumprimento do acordo adoptado pola Alcaldía-Presidencia, con data do 9-4-2001, anúnciase a contratación, con tramitación urxente, por procedemento aberto e concurso, da subministración de:

1. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a subministración dun camión destinado ó servicio de rede de sumidoiros.

2. Tipo de licitación:

7.700.000 pesetas (46.277,93 euros).

3. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os oito primeiros días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio, suspendéndose a licitación en caso de impugnación.

4. Garantía definitiva: o 4% do orzamento.

5. Presentación de proposicións: durante os sete días naturais seguintes ó da última publicación do anuncio de licitación.

6. Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do cuarto día hábil seguinte ó da conclusión do prazo para a presentación de proposicións.

Sada, 9 de abril de 2001.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde