Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2001 Páx. 5.308

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 19 de marzo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de resolución do expediente sancionador 15-1062/2000 en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do expediente 15-1062/2000 por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego do Consumo no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa notificación, tamén poderá interpoñer calquera outro que estimen pertinente ó seu dereito. Se non se recorrese contra ela no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva, en período voluntario en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa Galicia (2091), oficina de relación con organismos (0388) Santiago de Compostela, noutro caso procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:

a) As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do seguinte mes ou o inmediatamente hábil e posterior.

b) As débedas notificadas entre os días dezaseis e o último de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

Expediente: 15-1062/2000.

Denunciado: Averías a Domicilio 24 h., S.L.

Enderezo: Luis Quintana Goyanes nº 8-, P-1, 1º-A, 15009 A Coruña.

Sanción e motivos: 25.000 pesetas (veinticinco mil pesetas), por facturación superior ó tempo real investido e incumprimento normas información.

Data de resolución: 7-3-2001.

A Coruña, 19 de marzo de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña