Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2001 Páx. 5.302

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2001 sobre revogación do título-licencia de axencia de viaxes a Viajes Botafumeiro, S.A., co código identificativo XG-61, do grupo retallista e casa central na praza de Compostela, 9-baixo, de Vigo.

Visto o expediente de revogación do título-licencia á axencia de viaxes Viajes Botafumeiro, S.A., sita na praza de Compostela, 9-baixo, en Vigo, da que é o seu representante legal Alberto Pozo Fidalgo,

Resultando que a inspección adscrita a esta dirección xeral constatou a inactividade da referida axencia de viaxes desde hai máis dun ano,

Resultando que a garantía que constaba no expediente de concesión do título-licencia foi parcialmente executada por unha cantidade que aínda non se repuxo,

Resultando que, consonte o establecido no artigo 12 e) do Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, se lle notificou á citada axencia, mediante cédula do 27 de novembro de 2000 (DOG nº 3, do 4-1-2001), que a inactividade sen causa xustificada ó longo dun ano continuado, así como a

non reposición da garantía no prazo estipulado son causa de revogación do título-licencia, concedéndoselle un prazo de 15 días para efectua-las alegacións que considerase pertinentes,

Resultando que nese prazo o interesado non efectuou alegacións,

Considerando que segundo establece o devandito artigo 12 do Decreto 155/1989, do 22 de xuño, constitúen causas de revogación do título-licencia das axencias de viaxes non mante-la actividade da axencia ó longo dun ano continuado sen causa xustificada e a non reposición da garantía no prazo establecido,

Vistos a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, esta consellería

RESOLVE:

Revoga-lo título-licencia á axencia de viaxes Viajes Botafumeiro, S.A., co código identificativo XG-61 e casa central na praza de Compostela, 9-baixo, de Vigo.

Contra esta resolución o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2001.

P.D. (Orde 12-1-1998)

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo