Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2001 Páx. 5.291

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/138-2, 5473 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación da Criba. Roupar.

Situación: Xermade.

Descricións técnicas: L.M.T. a Sucastro a 20 kV en conductor LA-56 de 40 m de lonxitude sobre apoios de formigón. L.M.T. derivación a C.T. da Pedreira de 20 kV en conductor LA-56 de 6 m de lonxitude. L.M.T. e derivación a C.T. da Calousada a 20 kV en conductor LA-56 de 144 m de lonxitude. C.T. de Sucastro de 160 kVA e relación 20.000/380-220 V. C.T. da Pedreira de 160 kVA e C.T. da Calousada de 160 kVA. Redes de baixa tensión de 3.920 m de lonxitude.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade esta

blecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

Lugo, 1 de marzo de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo