Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 19 de abril de 2001 Páx. 5.208

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 7 de marzo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de resolución do expediente sancionador 15-558/2000 en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do expediente 15-558/2000 por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego do Consumo no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén poderá interpoñer calquera outro que estime pertinente ó seu dereito. Se non fose impugnada no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva en período voluntario en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa Galicia

(2091), Oficina de Relación con Organismos (0388) Santiago de Compostela; noutro caso, procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:

a) As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do seguinte mes ou o inmediatamente hábil e posterior.

b) As débedas notificadas entre os días dezaseis e o último de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

Expediente: 15-558/2000.

Denunciado: Pedro Castro Pérez.

Enderezo: r/ Sinforiano López, nº 13 B, A Coruña.

Sanción e motivos: 100.000 pesetas (cen mil pesetas), por negativa inxustificada a satisface-las demandas do consumidor.

Data da resolución: 1-2-2001.

A Coruña, 7 de marzo de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña