Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2001 Páx. 5.140

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XUNTA DE COMPENSACIÓN DA U.A. NÚMERO 21 DE CULLEREDO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente o proxecto de compensación da unidade de actuación 21 do PXOU de Culleredo, en sesión da xunta de compensación do 9 de abril de 2001, sométese o expediente a información pública polo prazo de vinte días, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e mediante a súa exposición durante o dito prazo na sede da xunta de compensación (avda. Vilaboa, 171-1º, Culleredo) das 9 ás 12 horas tódolos días laborables, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Culleredo, 9 de abril de 2001.

Manuel Carro Rodríguez

Presidente da Xunta de Compensación da U.A. número 21 de Culleredo