Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2001 Páx. 5.131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 29 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador de incendios OU-498/00-I devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución do expediente sancionador por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro, e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 14 de xaneiro de 2000, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2000, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Non obstante, de acordo cos artigos 107, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó desta publicación

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta número 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel no que esta resolución adquira firmeza-a firmeza producirase ó non interpoñer recurso no prazo indicado. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Ourense, 29 de marzo de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente. Nº/ano: 498/2000-I.

Denunciado: Jaime Pérez de Hita Gómez.

DNI: 34.925.577.

Último enderezo coñecido: Crer Coral nº 13. 17257 Torroella de Montgrí-Girona.

Feito denunciado: abandono de vehículo B-860336.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN.

Sanción/pesetas: 50.000 pesetas.