Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2001 Páx. 5.126

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 6 de marzo de 2001, da Delegación Comarcal de Vilagarcía de Arousa, pola que se fai pública unha relación de notificacións de aperturas e pregos de cargos de expedientes sancionadores (PESAN1 2000/001092-5 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, as aperturas e pregos de cargos dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (Diario Oficial de Galicia nº 99, do 27 de junio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para presentar ante a delegación comarcal as alegacións que estimen pertinentes.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Comarcal de Vilagarcía de Arousa (Carril - Alto da Rosa, s/n).

Nº de expediente: PESAN1 2000/001092-5.

Denunciado: Antonio de Juan Barquín.

DNI: 32.430.952.

Enderezo: Padre Fernando Olmedo, 427º A - Pontevedra.

Nº de expediente: PESAN1 2000/001241-5.

Denunciado: José Muñiz Vidal.

DNI: 35.433.933-H.

Enderezo: Lugar de Balea, 38 - O Grove.

Vilagarcía de Arousa, 6 de marzo de 2001.

Carlos Gabín Sánchez

Delegado comarcal de Vilagarcía de Arousa