Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2001 Páx. 5.117

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/76-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. rúa Doutor Corbal, 14.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 260 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña TRO 7.16 na encrucillada das rúas Sanjurjo Badía, Buenos Aires, Galicia e Doutor Corbal alimentando en bucle o C.T. que se proxecta no nº 14 da rúa Doutor Corbal, no concello de Vigo, rematando no punto de inicio da liña. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 1 de marzo de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra