Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2001 Páx. 5.066

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización do polígono número 1 da unidade de actuación número 2 do PXOU rúa Luis Otero e avenida de Compostela.

A Comisión de Goberno, en sesión do vinteseis de marzo de dous mil un, acordou prestar aprobación definitiva ó proxecto de urbanización do polígono nº 1 da unidade de actuación nº 2 do Plan Xeral

de Ordenación Urbana, situada entre a rúa Luis Otero e a avenida de Compostela, formulado por Prycoga, Sociedad Limitada e redactado polo arquitecto Manuel Jesús Freijeiro, con visado da Delegación en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia do 16-11-1999.

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, se poderá interpoñer ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o dictou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa modificación, consonte o establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

De se interpoñe-lo recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes segundo se establece no artigo 117.2º da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa, de conformidade co establecido no artigo 43.2º da Lei 30/1992, podéndose entón interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contados desde o día seguinte a aquel no que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido no artigo 46.1º e 4º da Lei 29/1998.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados coiden procedentes consonte dereito.

Pontevedra, 4 de abril de 2001.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeneral

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente